Sober segue a renovar o seu aspecto urbano

•Completada a nova imaxe da Praza do Toural coa intervención mural de Doa Ocampo •Tamén comezaron as obras de urbanización da contorna da Casa Consistorial

Resultado do mural realizado pola artista soberina Doa Ocampo no anfiteatro da Praza do Toural, rematado este mes. (Foto cedida).
Resultado do mural realizado pola artista soberina Doa Ocampo no anfiteatro da Praza do Toural, rematado este mes. (Foto cedida).

• A capitalidade soberina está a acometer diversas actuacións para mellorar o aspecto urbano, tanto dende o punto de vista funcional como estético. A comezos deste mes quedaba completado o mural que a artista soberina Doa Ocampo deseñou e levou a cabo no anfiteatro da Praza do Toural, a base de motivos relacionados coa cultura vitivinícola.

“RECONVERTIR ESPAZOS PARA O DISFRUTE COLECTIVO”
Esta iniciativa partiu da propia artista, que planteou ó Concello de Sober a realización deste mural, incluído dentro dun proxecto máis amplo que abrangue outros espazos públicos do municipio, así como puntos clave das zonas de paso turístico. Durante a inauguración deste mural, o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, valorou esta iniciativa porque “permite reconverter espazos deteriorados ou vadíos en lugares cheos de vida e de cor para o disfrute colectivo dos seus habitantes e visitantes” . Pola súa banda, a artista Doa Ocampo apuntou que o obxectivo destas intervencións é “promover formas de expresión contemporáneas a través desta ferramenta comunicativa que é a arte”, como xa sucede en diversas ciudades de España e Europa.

Traballos de mellora e urbanización da contorna da Casa Consistorial de Sober. (Foto cedida).
Traballos de mellora e urbanización da contorna da Casa Consistorial de Sober. (Foto cedida).

MELLORA NAS ZONAS DE SERVIZO DA CAPITALIDADE
Por outra banda, dende o Goberno local iniciaron a mediados de setembro as obras de mellora e urbanización da contorna da Casa Consistorial e a Casa da Cultura de Sober. Según explicou o alcalde, Luis Fernández Guitián, estas reformas son “moi necesarias”, dado o mal estado do espazo que rodea os edificios do Concello e da Casa de Cultura, e que supoñen o acceso a servizos como as oficinas municipais, a biblioteca, a escola de música, e o xulgado, entre outros.
Según precisaron os responsables municipais, estes traballos contan cun orzamento de 50.000 euros, financiados nun 80% pola Consellería de Presidencia, e nun 20% polo propio Concello.
Esta actuación comprende a mellora dun espazo de 547 metros cadrados, no que se creará un acceso peonil que facilite o paso dos cidadáns ós diferentes servizos municipais localizados neste punto. Unha das melloras consistirá na substitución do pavimento por adoquín cerámico.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Éxito da primeira edición do Viñobús Vendima

Seguinte Nova

Arrincou o curso escolar en Galicia coa visita das SS.MM. os Reis de España

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: