Un outono cheo de actividades lúdicas e culturais en Bóveda

• A Delegación de Cultura do Concello de Bóveda ten deseñada unha ampla oferta lúdico-cultural para o último trimestre deste ano, con actividades para todos os públicos ó longo dos meses de outubro, novembro e decembro, que se desenvolverán no Centro Sociocultural.

TEATRO EN NOVEMBRO
A programación cultural xa arrincou en Bóveda coa representación teatral «O barco sen mariñeiro», que tivo lugar o domingo 28 de setembro, a cargo da compañía Achádego Teatro. A vindeira sesión teatral está programada para o sábado 8 de novembro, ás 18 horas. Nesta data, a compañía Hipócrita Teatro representará a obra «Emperador, qué pensas? Fala!»
A música terá o seu espazo o domingo 5 de outubro ás 18,30 horas, coa posta en escena do espectáculo «Os sons do vento que pasa», polo grupo Elefante Elegante.

CURSO PARA EMPRENDER NA REDE O DÍA 4
Na programación deste trimestre no concello de Bóveda tamén hai espazo para a formación. Así, o sábado 4 de outubro terá lugar o curso «Emprendendo dende a Rede», en horario de 18,00 a 20,00 horas, dentro do Programa Activa 2014, promovido pola Dirección Xeral de Xuventude.

OUTRAS ACTIVIDADES
En decembro, poderase ver no espazo expositivo do Centro Sociocultural a mostra «As cantigas e a figura do trovador Pedro de Ver».
Ademais, dende a Delegación de Cultura do Concello de Bóveda están a preparar a celebración de diversas efemérides do calendario cultural. Así, o 24 de outubro celebrarase o Día da Biblioteca, mentres que o 31 de outubro organizarase o tradicional Magosto no Samaín. A reivindicación social terá o seu espazo na data do 25 de novembro, cando Bóveda se sume á celebración do Día para a Eliminación da Violencia de Xénero con diversas actividades de concienciación.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Arrincaron en Monforte os Concertos Benéficos de Outono da Ribeira Sacra

Seguinte Nova

Aberto o prazo para presentar traballos ó concurso de curtas co móbil para estudantes galegos de 14 a 18 anos

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: