•Arrincan as escolas deportivas municipais de Quiroga

• A comezos de outubro comezan as actividades das escolas deportivas municipais de Quiroga, que ofrecen fútbol sala e voleibol para nenos e nenas entre 5 e 16 anos.

HORARIOS DOS ADESTRAMENTOS DE FÚTBOL SALA E DE VOLEIBOL
A modalidade de fútbol sala acolle as categorías dende prebenxamín ata cadete. En principio, os adestramentos de prebenxamín están fixados para martes e venres ás catro e media, mentres que os de benxamín serán os luns ás sete e os xoves ás catro e media. Pola súa banda, os alevíns entrenarán os martes e xoves ás cinco e media. Infantís e cadetes farán o propio os mércores ás sete e os venres ás cinco e media.
Os adestramentos de voleibol terán lugar os luns e mércores ás seis da tarde.

PREZOS E FORMAS DE PAGO
En canto ás tarifas, serán de 10 euros mensuais para os empadroados en Quiroga, e de 12 euros para os non empadroados. O pagamento poderá ser mensual, trimestral ou nun único pago. Esta última opción supón un desconto de 20 euros.

OPCIÓN A EQUIPACIÓN OU MOCHILA CO PAGO DA CUOTA
Según informaron os responsables do Concello, no prezo da cuota está incluída a equipación correspondente. Dado que se está a manter a mesma equipación que o ano pasado, os inscritos este curso poden optar por recibir outra equipación ou ben unha mochila.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Quiroga amosa os segredos da cesteiría tradicional nun obradoiro

Seguinte Nova

Sober foi o punto de partida da II Ruta de Tractores Agrícolas Clásicos

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: