En marcha a oitava edición do Outono Gastronómico

•Esta iniciativa promove unha fórmula combinada de enogastronomía galega con turismo rural •O Outono Gastronómico comezou o día 12 de setembro, e rematará o 14 de decembro •Este ano incorpora como novidade obradoiros gratuítos de cociña nos restaurantes das casas rurais

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentou a comezos de setembro a oitava edición do Outono Gastronómico, na que participan 106 establecementos rurais de toda Galicia. GCXG.
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentou a comezos de setembro a oitava edición do Outono Gastronómico, na que participan 106 establecementos rurais de toda Galicia. GCXG.

• Turismo de Galicia vén de poñer en marcha dende o 12 de setembro unha nova edición do Outono Gastronómico, no que participan un total de 106 establecementos rurais. Esta iniciativa, que estará en marcha ata o 14 de decembro, ofrece por oitavo ano consecutivo unha fórmula turística que combina a enogastronomía galega co turismo rural. Para gozar da nosa cociña no entorno rural, cada un dos establecementos participantes presentan dous menús diferentes elaborados cos mellores produtos da temporada.

UNHA INICIATIVA PARA DESESTACIONALIZAR O TURISMO
Según explicou a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, na presentación da oitava edición deste programa, o Outono Gastronómico busca dinamizar o turismo no rural, promover a gastronomía galega, desenvolver a oferta complementaria neste segmento e favorecer a desestacionalización neste período no que a natureza de Galicia permite gozar de estadías singulares Castro destacou que foron 37.045 as persoas que participaron en total nas sete edicións dos Outonos Gastronómicos, o que supuxo unha facturación de 2.086.169 euros.

SUBEN AS CIFRAS DO TURISMO RURAL
Ademais, Nava Castro lembrou que o turismo rural medrou en Galicia respecto ó ano pasado, cun aumento do 25,9% no número de viaxeiros que escolleron esta opción, e cun 26,8% máis de pernoitas. A directora de Turismo de Galicia destacou tamén a aposta pola calidade no turismo rural, que sitúa á nosa Comunidade como líder do Estado en certificacións Q de Calidade Turística, selo co que conta xa o 39,45% das casas de turismo rural en Galicia.

MENÚ DE TEMPORADA E ESTADÍA RURAL
Lugo é a provincia con máis establecementos participantes na oitava edición do Outono Gastronómico, cun total de 31, seguida polos 27 establecementos de A Coruña, os 25 de Pontevedra e os 23 da provincia de Ourense. Todos eles ofrecen diversos paquetes para responder a todas as necesidades. Así, o Menú Outono Gastronómico inclúe un menú para xantar ou cenar con entrante, primeiro prato, segundo prato, sobremesa e viño con Denominación de Orixe galega, cun prezo de 30 euros por persoa. Pola súa banda, o Paquete Outono Gastronómico inclúe un Menú Outono Gastronómico por persoa e o aloxamento e almorzo na casa de Turismo Rural elixida, na noite do venres ou na do sábado, cun prezo de 110 euros para dúas persoas en cuarto dobre, ou de 70 euros para unha persoa en cuarto individual.

PARA A FIN DE SEMANA
Outra opción é a Fin de Semana de Outono Gastronómico, que inclúe dous menús por persoa, máis o aloxamento en venres ou en sábado, e almorzos por 190 euros para dúas persoas en cuarto dobre, e 130 euros para unha persoa en cuarto individual. Ademais, se os viaxeiros quixesen compartir coa familia esta fin de semana, poden escoller a opción Fin de Semana Familiar Outono Gastronómico, que inclúe ofertas para un e dous nenos de ata 14 anos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Sober foi o punto de partida da II Ruta de Tractores Agrícolas Clásicos

Seguinte Nova

Ocioteca para nenos e mozos, sesións de danza para todos, e formación musical en Bóveda

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

O prezo do leite

• Agromuralla e UCGAL monitorizarán os prezos do leite desde as granxas ate os puntos de

A %d blogueros les gusta esto: