Entregado o premio ó establecemento favorito en Chantada da campaña «Máis que comercio!»

•Os clientes do CCA Chantada votaron na campaña on line á clínica dental Doctor Otero

Entrega do premio da campaña "Máis que comercio!", organizada pola Xunta de Galicia, á clínica dental Doctor Otero, coa presenza da directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, e o presidente do CCA Chantada, Eduardo Rogina. CEI
Entrega do premio da campaña «Máis que comercio!», organizada pola Xunta de Galicia, á clínica dental Doctor Otero, coa presenza da directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, e o presidente do CCA Chantada, Eduardo Rogina. CEI

• O pasado 29 de setembro tivo lugar en Chantada a entrega do premio ó comercio máis votado en internet dentro da campaña on line «Centros Comerciais Abertos. Máis que comercio!», organizada pola Consellería de Economía e Industria a través da Dirección Xeral de Comercio. A clínica dental Doctor Otero foi o negocio que máis clicks acadou en www.maisquecomercio.com, web na que os clientes podían participar nun xogo en liña por cada 5 euros de compra e optar a diferentes premios, ao tempo que elixían o seu comercio preferido.
No mesmo acto, entregáronse os agasallos ós participantes na campaña on line. A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, suliñou durante este evento a importancia dos centros comerciais abertos para integrar os diversos sectores comerciais en estratexias conxuntas, ademais de resaltar os valores do comercio de proximidade, como son a calidade, o trato ó cliente ou a variedade.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

UGT Lemos alerta da «preocupante» situación demográfica da zona sur

Seguinte Nova

•Arrinca en Monforte unha nova edición do Outono Fotográfico

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: