
A comezos de setembro, o Parador de Turismo de Monforte de Lemos foi o punto de encontro das máis de cen persoas, entre amigos e compañeiros de traballo, que se xuntaron para homenaxear a José Antonio Rodríguez González, supervisor da liña electrificada da xefatura de área de mantemento de Adif en Ourense. Unha ocasión inolvidable para celebrar como se merecen tantos anos de dedicación profesional. (Foto: JESÚS R. MONTERO).