“Impacto positivo” da declaración de Sober como Concello de Interés Turístico

•O alcalde destacou que a Oficina de Información ó Visitante atendeu a preto de 1.000 persoas en agosto •Os visitantes de fóra de Galicia superaron en número ós chegados dende a nosa Comunidade

• Sober está a gañar peso como destino turístico, según se desprende dos datos da Oficina de Información ó Visitante ofrecidos polo Concello. Preto de 1.000 persoas foron atendidas neste servizo durante o mes de agosto, e que veñen a sumarse ós 500 visitantes que pasaron por esta oficina no mes de xullo.

“ESFORZO” PARA MELLORAR ACCESOS E INFORMACIÓN
Estes datos confirman, según o alcalde, Luis Fernández Guitián, o “impacto positivo” que está a ter a recente declaración de Sober como Concello de Interés Turístico, categoría concedida hai uns meses pola Xunta de Galicia. Ademais, Guitián suliñou unha serie de factores que tamén contribuíron a reforzar o tirón turístico en Sober. “Cómpre destacar o esforzo que levamos a cabo desde o Goberno local ao inicio da tempada estival coa mellora da sinalización e dos accesos, principalmente aos miradoiros, así como a publicación de varios folletos explicativos que resultan de gran axuda para os turistas”, explicou o rexedor soberino. Fernández Guitián fixo referencia aos materiais que o Concello de Sober editou recentemente, en concreto un folleto sobre o románico, outro específico sobre os miradoiros, e unha guía xeral da zona con información de interés da Ribeira Sacra.
A este traballo institucional vén sumarse, según destacou o alcalde, a posta en marcha de diversos proxectos enfocados ó visitante dende diversas empresas privadas que operan neste municipio. “Todo axuda a que cada ano Sober sexa máis coñecido e reciba máis visitantes”, precisou Guitián.
En canto ós datos turísticos, foron 458 os visitantes non galegos os que pasaron pola Oficina de Información ó Visitante en agosto, sobre todo de Madrid e Barcelona. Dende Galicia chegaron 443, dende as catro provincias. Ademais, case o 10% dos visitantes de agosto foron estranxeiros, tanto europeos como americanos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Homenaxe a José Antonio Rodríguez González

Seguinte Nova

UGT Lemos alerta da «preocupante» situación demográfica da zona sur

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: