Os socialistas denuncian o “estado de abandono” da estrada de Láncara a Becerreá

O secretario provincial do PSdeG-PSOE en Lugo, Juan Carlos González Santín, e o alcalde de Becerreá, Manuel Martínez, comproban o estado do tramo da LU-636 entre a localidade de Saa, en Láncara, e Becerreá. (Foto cedida).
O secretario provincial do PSdeG-PSOE en Lugo, Juan Carlos González Santín, e o alcalde de Becerreá, Manuel Martínez, comproban o estado do tramo da LU-636 entre a localidade de Saa, en Láncara, e Becerreá. (Foto cedida).

• A mediados deste mes, os socialistas lucenses denunciaron o “grave estado de abandono” no que se atopa o tramo da LU-636 entre a localidade lancaresa de Saa e Becerreá, logo de comprobar in situ a situación deste vial. O secretario provincial do PSdeG-PSOE de Lugo, Juan Carlos González Santín, e o alcalde de Becerreá, Manuel Martínez, acompañados polos voceiros deste partido en Láncara e Sarria, achegáronse a esta estrada para supervisar o estado no que se atopa “debido ó esquecemento continuado ao longo dos anos” por parte da Xunta de Galicia. Os socialistas criticaron que o Goberno galego, logo de rematar en 2005 o último tramo, que vai dende o polígono industrial de Morelle en Sarria ata Saa, aínda non teña iniciados os trámites para acometer a fase que está pendente.
O alcalde de Becerreá, o socialista Manuel Martínez, acusaba á Xunta de “desentendemento descarado” fronte a unha promesa que fixo Alberto Núñez Feijóo na súa etapa como conselleiro de Política Territorial, “quen ao mesmo tempo que colocaba a primeira pedra do treito Morelle-Saa, hai once anos, exponía o proxecto das obras de mellora da terceira fase, deixando clara a vontade da administración autonómica por rematar en tempo e prazo o acondicionamento íntegro do vial”.

PEDIRÁN Á XUNTA QUE RETOME O PROXECTO DE MELLORA DO VIAL
Martínez precisou que esta situación está a crear “cidadáns de primeira, en Sarria, de segunda, en Láncara e Baralla, e despreza ós de Becerreá, xa que nin tan sequera é capaz de parchear a estrada, deixándoa nun estado terceiromundista, cun firme moi perigoso e sen biondas”.
Para reactivar este proxecto, o secretario provincial dos socialistas e deputado autonómico, Juan Carlos González Santín, pedirá no Parlamento de Galicia, e a petición dos compañeiros do partido e dos veciños dos municipios afectados, que a Consellería de Medio Ambiente e Infraestruturas retome o proxecto “no menor tempo posible” e, a continuación, que precise “de forma concreta” os prazos nos que este departamento podería iniciar e rematar as obras.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Ata o 5 de novembro para solicitar o ticket eléctrico

Seguinte Nova

Quiroga pon en marcha unha escola de música

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss