•Esta actividade desenvolverase do 13 de outubro ata o 17 de decembro
• A cesteiría será a protagonista do outono en Quiroga coa celebración do I obradoiro de cesteiría tradicional. Esta iniciativa, organizada pola Delegación de Cultura do Concello de Quiroga, desenvolverase nas instalacións do Museo Etnográfico dende o 13 de outubro ata o 17 de decembro.
As sesións lectivas deste obradoiro de cesteiría tradicional terán lugar os luns e mércores de 19 a 21 horas. O prezo da inscrición nesta actividade é de 30 euros ó mes por participante, no que están incluídos os materiais para a elaboración das pezas do curso, cun mínimo de tres cestas de diversos tamaños e un protector de manteis.
O prazo de inscrición remata o 10 de outubro. Os interesados en recibir máis información ou en anotarse no obradoiro poden achegarse á Casa da Cultura de Quiroga, ou chamar ó teléfono 982 435125.•