Quiroga pon en marcha unha escola de música

•Dentro do programa de actividades previsto para a temporada 2014-2015

• O Concello de Quiroga, a través dos departamentos de Educación e Cultura, está a poñer en marcha unha escola municipal de música.

PROGRAMACIÓN PARA DIVERSAS IDADES
Este novo proxecto educativo inclúe dentro da súa programación diversas actividades para as diferentes bandas de idade. Así, impartirase Música e Movemento para nenos e nenas de 4 a 6 anos, así como Linguaxe musical e Instrumento a partir dos 7 anos. Para adultos, a escola municipal ofrecerá formación musical con Iniciación á armonía clásica e moderna, Iniciación á improvisación, e Música de cámara.
A escola municipal de música de Quiroga ofrece a posibilidade de escoller instrumento entre as opcións de oboe, frauta, fagot, saxofón, trompeta, trompa, trombón, bombardino, tuba e percusión.
Por outra banda, a Área de Xuventude do Concello de Quiroga organiza un ano máis o ciclo de clases de guitarra e piano.
As sesións formativas comezan a primeiros de outubro.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Os socialistas denuncian o “estado de abandono” da estrada de Láncara a Becerreá

Seguinte Nova

Quiroga amosa os segredos da cesteiría tradicional nun obradoiro

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: