Sober foi o punto de partida da II Ruta de Tractores Agrícolas Clásicos

Itinerario por Sober, Pantón e Chantada

Foto de familia dos participantes na II Ruta de Tractores Agrícolas Clásicos na saída dende Sober, o pasado 13 de setembro, acompañados pola deputada provincial Pilar García Porto. (Foto cedida).
Foto de familia dos participantes na II Ruta de Tractores Agrícolas Clásicos na saída dende Sober, o pasado 13 de setembro, acompañados pola deputada provincial Pilar García Porto. (Foto cedida).

• O 13 de setembro partiu dende Sober a II Ruta de Tractores Agrícolas Clásicos, unha iniciativa da Asociación Galega de Amigos da Maquinaria Agrícola Clásica (AGAMAC) na que participaron quince vehículos fabricados nas décadas de 1950 e 1960. O obxectivo desta marcha foi resaltar o medio rural, e tamén amosar o apoio á candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade.
Con esta finalidade, un equipo de bolseiros e técnicos da Fundación TIC gravaron este singular percorrido para editar un DVD, dentro do convenio de colaboración desta entidade con AGAMAC.
A ruta partiu dende a capitalidade de Sober, visitando varias adegas no municipio de Pantón e rematando ó final do día en Chantada.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

•Arrincan as escolas deportivas municipais de Quiroga

Seguinte Nova

En marcha a oitava edición do Outono Gastronómico

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: