• O sindicato UGT-Lemos amosou recentemente a súa preocupación pola situación demográfica do sur de Lugo. Según os datos facilitados por este colectivo, as comarcas de Lemos e Quiroga rexistran un total de 27 habitantes por quilómetro cadrado, a provincia de Lugo conta con 36 e o total de Galicia con 94. Estes índices aínda son máis preocupantes nos concellos, con 98 habitantes por quilómetro cadrado en Monforte de Lemos, ou 51 en Chantada. A situación resulta «alarmante», según UGT-Lemos, en concellos como Quiroga ou A Pobra do Brollón, con 12 habitantes por quilómetro cadrado, ou Folgoso do Courel, con tan só 7. Dende o sindicato esixen á Xunta que «tome en serio» estes datos, xa que a poboación activa na zona sur vén de baixar un 8,57%, mentres que no resto de Galicia medrou un 1,58%.
Asimesmo, UGT-Lemos reclama un plan de emprego «necesario e urxente» , «agora que a Galicia lle corresponderon máis 100 millóns de euros en fondos europeos para políticas de activación de emprego».•
Últimas noticias sobre ECONOMÍA
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, e a directora xeral de
O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra busca proxectos innovadores para desenvolver o medio rural
A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, participou a pasada semana nunha
Segundo un estudo de KPMG, durante 2023 o Centro de Competencias Dixitais (CCD) de Monforte de
O alcalde de Sarria, Claudio Garrido, vén de confirmar que a liquidación do exercicio de 2022,