• A Deputación aprobou a devolución da paga extra do 2012 ós empregados do organismo provincial

•Os empregados da Deputación de Lugo percibirán na nómina de outubro a máxima cantidade que a Lei permite aboar ás Administracións, logo de que o organismo provincial aprobara esta medida a principios deste mes. O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, precisou que o montante total da cantidade que a Deputación vai abonar ascende a 220.000 euros. A parte proporcional é a correspondente a 44 días, os que van do 1 de xuño ao 14 de xullo de 2012, “data de entrada en vigor do Decreto co que o Goberno central do PP suprimiu este dereito laboral a todos os empregados públicos”, subliñou Martínez.
O voceiro anunciou que convocarán aos representantes sindicais para poder abonar o 75% restante en xaneiro, co obxectivo de que «a principios do 2015 todo o persoal funcionario e laboral teña recuperado a totalidade da paga extra de decembro do 2012”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O BNG considera «insultante» que «o PP fale da saída da crise cando na provincia de Lugo hai 22.800 persoas en paro»

Seguinte Nova

Melloras no servizo de reserva on line dos viaxes nos catamaráns

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: