•No outono, volven as Merendas con Contos á Biblioteca de Sober

Foto de arquivo dunha das actividades desenvolvidas na Biblioteca de Sober dentro do programa Merendas con Contos o curso pasado. (Arquivo EC).
Foto de arquivo dunha das actividades desenvolvidas na Biblioteca de Sober dentro do programa Merendas con Contos o curso pasado. (Arquivo EC).

• O outono recupera a actividada da Biblioteca de Sober, que reinicia a súa exitosa iniciativa “Merendas con contos”, ofrecendo un espazo lúdico e cultural para os máis pequenos, que así se familiarizan coa biblioteca e coa lectura. Logo do obradoiro de ilustración que abriu o calendario o primeiro venres de outubro, os nenos e nenas de Sober puideron coñecer os máis novidosos soportes de lectura na actividade “Lemos nas pantallas”, ó venres seguinte. Xa para o día 17 está prevista a actividade “Lemos en papel”, para recuperar no formato tradicional os contos que se leron en pantalla. O día 24 celebrarase o Día da Biblioteca, coa estrea de carnets de socio e agasallos polo 20º aniversario da Biblioteca de Sober. Por último, o día 31 celebrarase o samaín, para o que se decorará a biblioteca, leranse contos de medo e se poderá vir disfrazado.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Xunta suprimirá 14 puntos de verquidos non autorizados no municipio de Sober

Seguinte Nova

Completada a segunda fase das escavacións no castro de Arxeriz

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: