•Os traballos comezaron a principios de outubro •A Consellería de Medio Ambiente destina un total de 67.000 euros para estas actuacións

• A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, vai suprimir un total de 14 verquidos non autorizados detectados en diversos puntos do municipio de Sober.
EVITAR A CONTAMINACIÓN E REXENERAR DUN ESPAZO TOTAL DE 2.200 METROS CADRADOS
Según explicou a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, durante a súa visita para supervisar o inicio destes traballos a comezos de outubro, a Consellería destina 67.000 euros para esta actuación. A limpeza destes espazos suporá a recuperación dunha superficie total de 2.200 metros cadrados. Arias apuntou que a retirada de lixo pretende “evitar a contaminación e lograr a rexeneración das zonas afectadas”.
Según explicou a delegada da Xunta en Lugo, os puntos de vertedura incontrolada son pequenos focos nos que se van depositando e acumulando residuos sólidos de distinta natureza, co prexuízo que isto ocasiona no contorno, dende o punto de vista ambiental e estético. A Xunta de Galicia está a desenvolver unha campaña de eliminación deste tipo de vertedoiros a través da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, co obxectivo de erradicar un total de 100 puntos de verquido incontrolado ao longo de toda a Comunidade. A limpeza e recuperación destes espazos permitirá integrar o lugar no seu entorno, e eliminar o hábito da poboación de depositar lixo nestes puntos.
COLABORACIÓN DA CIDADANÍA
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, que acompañou á delegada da Xunta durante a supervisión dos traballos, destacou con Arias a cooperación da Policía Autonómica para detectar os verquidos non autorizados, e solicitaron a colaboración da veciñanza para realizar “unha xestión de residuos responsable e respetuosa co medio ambiente”.
Estas actuacións iniciadas en Sober encádranse no Subprograma de clausura de puntos de vertido incontrolado, recollido no Plan de Xestión de Residuos Urbanos de Galicia 2010-2020 cunha dotación de 4,4 millóns de euros. A posta en marcha do plan priorizou a eliminación de grandes vertedoiros, e neste momento traballa na supresión de pequenos puntos que, de non ser suprimidos a tempo, van camiño de convertirse en novos vertedoiros incontrolados.•