Ata finais de mes está aberto o prazo para optar a estas axudas, para as que a Xunta de Galicia destina 5 millóns de euros, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan de Desenvolvemento Rural de Galicia (PDR 2007-2013). As axudas, cuxa orde foi publicada no DOG do 2 de outubro, teñen entre outros obxectivos a mellora silvícola das masas forestais existentes, e sobre todo a consolidación dos bosques de frondosas caducifolias e sobreiras, así como o aumento da superficie forestal arborizada. Os beneficiarios serán sociedades de fomento forestal, propietarios particulares, sociedades ou agrupacións de propietarios particulares formalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Asociacións da Xunta; cooperativas agrarias, proindivisos, montes de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, comunidades de bens, entidades locais, outras persoas xurídicas e as comunidades de montes veciñais en man común.•
Últimas noticias sobre ECONOMÍA
Os días 30 de setembro e 1 de outubro, Chantada acollerá as xornadas Tecendo Futuros: prácticas
Aumentando en 164.846 m2 a súa superficie actual, logo da cesión gratuíta das parcelas propiedade da
Á edición deste ano presentáronse case medio cento de ideas. A maior parte delas son iniciativas
O pasado 9 de agosto clausurouse unha exitosa edición da Mostra Artelemos 2023, que contou coa
O número 1 da candidatura do PP de Lugo ao Congreso, Francisco Conde, asegurou nunha reunión