Arrincan as actividades de conciliación familiar e para adultos en Pantón

O luns 20 de outubro comezan en Pantón as actividades para pequenos e maiores, correspondentes ó curso 2014-2015. Así, dentro do programa de conciliación da vida laboral e familiar, o Concello de Pantón pon en marcha, un ano máis, un obradoiro destinado a nenos e nenas de 3 a 13 anos. Este obradoiro desenvolverase os luns no Edificio Sociocultural de Ferreira, en horario de 17 a 18,30 horas. Tamén os luns terá lugar un obradoiro de exercicios mentais e de lectura, destinado ós maiores do municipio, que se desenvolverá na mesma sede en horario de 18,30 a 20 horas. Todas as persoas interesadas en participar nalgunha destas actividades poden inscribirse no Edificio Sociocultural de Ferreira, de luns a venres en horario de 9 a 20 horas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Celebrado en Augas Santas o II Torneo Nécora de Ouro

Seguinte Nova

En marcha a programación de outuno da Asociación Crearte

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss