No colexio Frei Luis de Granada e na Escola de Educación Infantil
•Deporte, música, inglés ou informática son algunhas das actividades que ofrece esta programación para as tardes infantís dos días laborables
• O Concello de Sarria está a poñer en marcha os obradoiros infantís de conciliación correspondentes ó curso 2014-2015, que inclúen actividades deportivas, idiomas e informática, entre outras. Ademais, ofrece un servizo de “madrugadores” de luns a venres, de 8,00 a 10,30 horas, no colexio Frei Luís de Granada, cun custe de 41,29 euros ao ano.
ACTIVIDADES SEMANAIS NO COLEXIO FREI LUÍS DE GRANADA
Nesta mesma sede, a semana comeza co obradoiro de inglés os luns, mentres que os martes e xoves é o turno do baloncesto, actividade xestionada polo C.B. Sarria. Os xoves celebrarase o obradoiro de informática, e os venres desenvolveranse as actividades de iniciación á música, e de teatro, danza e xogos musicais. Todos estes obradoiros realizaranse en horario de 17,20 a 18,45 horas, por un prezo de 41,29 euros ao ano por cada actividade elixida.
OBRADOIROS NA ESCOLA DE EDUCACIÓN INFANTIL
Pola súa banda, a Escola de Educación Infantil de Sarriaofrece tamén o servizo de “madrugadores” en horario de 8,00 a 10,00 horas, por un prezo de 41,29 euros ao ano. O calendario semanal de obradoiros nesta sede iniciarase os luns coas actividades de teatro, musicais e danza moderna. O martes terá lugar o obradoiro de informática básica, que se impartirá na Aula CeMIT, e os mércores será o día da actividade de inglés. O obradoiro de iniciación á música celebrarase os xoves. O horario destas actividades será de 16,45 a 18,00 horas, e o prezo é de 41,29 euros ao ano.
Máis información e inscricións na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Sarria, ou no correo electrónico omix@sarria.es.•