As cláusulas sociais da Deputación blindan os empregos de 40 traballadoras da limpeza

O presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, posa co persoal da limpeza das dependencias do organismo provincial, beneficiados pola incorporación das cláusulas sociais nos contratos. GPDL.
O presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, posa co persoal da limpeza das dependencias do organismo provincial, beneficiados pola incorporación das cláusulas sociais nos contratos. GPDL.

• A finais do mes pasado, quedaban asinados os novos contratos de limpeza das dependencias da Deputación de Lugo, nos que se incorporaban as cláusulas sociais que o organismo provincial está a incluír nos pregos dos contratos das empresas que prestan servizos a esta administración. Deste xeito, os 40 traballadores e traballadoras que realizarán estas tarefas beneficiaranse das condicións que impoñe o organismo provincial ás empresas adxudicatarias, e que supón a blindaxe dos postos de traballo, e a mellora das condicións laborais e salariais dos empregados. Con esta iniciativa novidosa, que a Deputación de Lugo está a poñer en prática nos novos contratos de servizos que beneficiarán a máis de 160 traballadores, o organismo provincial sitúase como a primeira Deputación de España en garantir os dereitos dos empregados das empresas adxudicatarias.

AS EMPRESAS QUE TRABALLEN COA DEPUTACIÓN TERÁN QUE CUMPLIR ESTAS CLÁUSULAS SOCIAIS, OU O CONTRATO SERÁ RESCINDIDO
Según explicou o presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, a incorporación de cláusulas sociais nos pregos destes contratos garante a subrogación de todos os empregos, cunhas condicións laborais que melloran o convenio provincial do sector da limpeza. “Por culpa da reforma laboral do Goberno central, as empresas poden facer un novo convenio que se descolgue do convenio provincial do sector da limpeza, o que significaría non subrogar ó persoal, despedilo para contratar outro novo, baixar os soldos, reducir permisos ou mesmo aumentar a xornada laboral”, puntualizou Besteiro.Dende a Deputación, o obxectivo é “bloquear estes abusos”, xa que, según precisou o mandatario provincial, “as empresas que traballen coa Deputación de Lugo non só teñen que cumprir o convenio provincial do sector da limpeza, senón que teñen que melloralo, xa que en caso contrario, resolveremos o contrato”.

MELLORAS CONCRETAS QUE INTRODUCEN AS CLÁUSULAS SOCIAIS NESTES CONTRATOS
Según lembraron os responsables provinciais, a lei estatal e autonómica obrigan a puntuar máis á oferta económica máis vantaxosa. A novidade que está a introducir a Deputación é que, ademais de ter en conta este aspecto, valorará tamén a puntuación das melloras laborais con respecto ó convenio provincial de limpeza. Algunhas destas melloras, introducidas nos tres contratos asinados a finais do mes pasado, inclúen incrementos salariais entre 62 e 374 euros anuais, e facilidades para recibir calquera día do mes un anticipo de ata o 90% do salario mensual, sempre que exista unha razón xustificada, mentres que ata o de agora só era posible recibilo dous días antes da data de cobro.

FIXACIÓN DA XORNADA LABORAL, DÍAS PROPIOS E DÍAS RETRIBUÍDOS POR MATRIMONIO OU NACEMENTO DE FILLOS
En canto á xornada laboral, as cláusulas sociais que esixe a Deputación de Lugo nestes contratos de limpeza establecen que non se poderán superar as 39 horas semanais, e o tempo de descanso diario será dun mínimo de 20 minutos, aínda que algunha empresa ofertou 30. Asimesmo, o número de días de asuntos propios será de 11 días ao ano, e unha das empresas ofreceu ata 14 días anuais. Por outra banda, en canto ó número de días retribuídos pola empresa por matrimonio establécense en 18, habendo unha empresa que ofertou ata 22 días. Por nacemento de fillo son tres días, e unha empresa ofreceu ata 5 días.

MEDIDAS PARA FACILITAR A CONCILIACIÓN LABORAL E FAMILIAR
As cláusulas sociais establecidas nos pregos de contratos da Deputación teñen en conta tamén a conciliación laboral e familiar. Según explicaron os responsables provinciais, algunha oferta ofrecía un banco de tempo recuperable de 96 horas anuais, para flexibilizar o horario de traballo, ou a concesión de 8 horas anuais para acudir a titorías de colexio dos menores de 16 anos, ou a ampliación a 20 horas anuais de permisos para acudir a consultas médicas.•

•Seguen a reclamar que estas cláusulas sociais se apliquen tamén nos contratos da Xunta

•Logo da sinatura destes contratos que aplicaban as cláusulas sociais, o mandatario provincial anunciou que estas políticas “non van quedar aí, xa que se vai facer o mesmo cos contratos do servizo provincial de seguridade, conservación da rede viaria provincial, Centro de Atención ó Usuario, Goberno Intelixente ou co Barco Muralla, contratos nos que xa incorporamos cláusulas sociais nos pregos, e que beneficiarán a máis de 160 traballadores”.
O presidente do organismo provincial lembrou que tamén se levaron ó Parlamento galego as cláusulas sociais da Deputación para que a Xunta as incorporase nos seus contratos. “Inexplicablemente, atopámonos coa negativa do Goberno autonómico, aínda que esperamos que o Executivo galego rectifique, porque existe outra forma de facer as cousas”. Gómez Besteiro xustificou esta petición dicindo que “a contratación pública é unha política pública máis coa que ofrecer solucións á cidadanía”.
Por outra banda, Besteiro pediu os 40 traballadores e traballadoras da limpeza “un maior compromiso se cabe, porque tedes unha gran responsabilidade”, posto que nun prazo de seis meses, a Deputación incorporará controis de calidade no servizo de limpeza e recollida selectiva de residuos. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Monforte, sede do curso de monitores de fútbol base

Seguinte Nova

Celebrado en Augas Santas o II Torneo Nécora de Ouro

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss