Ata o 30 de outubro pódense presentar traballos ó concurso de curtas co móbil para estudantes galegos de 14 a 18 anos

Dentro das actividades da Axenda Dixital de Galicia 2020

• A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) ten publicadas no blog XenteDixital (blog.adg2020.es/) as bases do concurso “Curtas co Móbil da Axenda Dixital de Galicia 2020” dirixido a mozos e mozas matriculados na ESO ou Bacharelato de Galicia, de entre 14 e 18 anos. Este concurso forma parte das iniciativas de elaboración da Axenda Dixital de Galicia 2020. Os obxectivos do certame son explorar a creatividade audiovisual dos mozos e mozas a través da gravación de micromovies, fomentar o traballo en equipo e o uso da lingua galega, e sensibilizar sobre a importancia do desenvolvemento tecnolóxico.
A participación no concurso pode ser individual ou por grupos ata 5 persoas. Os participantes deberán amosar a súa destreza cinematográfica coa gravación dun vídeo dun máximo de 3 minutos onde se visualice como imaxinan que a tecnoloxía transformará Galicia no futuro.

CÓMO PARTICIPAR
Cada equipo designará un titor que forme parte do persoal docente do centro educativo, que fará a inscrición e a entrega das curtas. Xunto ó formulario, o titor do equipo deberá achegar o link ó vídeo que debe ser previamente subido á canle de YouTube do centro ou do titor. Os vídeos recibidos publicaranse no Blog XenteDixital e nas redes sociais da Amtega e serán valorados por un xurado especializado, que preseleccionará os cinco vídeos finalistas. Estes serán publicados en www.facebook.com/amtega, dentro do apartado “Elixe o vídeo finalista do concurso!”, no que calquera internauta poderá votar.
O premio será unha tablet para cada alumno responsable do vídeo máis votado, e unha minitablet para cada un dos responsables do segundo vídeo máis votado. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Arrincan os obradoiros infantís de conciliación en Sarria

Seguinte Nova

A Xunta inviste máis de 400.000 euros para reparar oito quilómetros do corredor entre Monforte e O Saviñao

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir aInicio

Don't Miss