• O Concello de Sober ten aberto ata o 31 de outubro o prazo para presentar as solicitudes das axudas para o transporte escolar dos estudantes universitarios deste municipio. Esta liña de axudas beneficiou o ano pasado a preto de 30 mozos e mozas. No presente exercicio, as achegas sitúanse entre os 100 e os 300 euros, dependendo da distancia entre o domicilio e o Campus onde o alumno desenvolva os seus estudos.
DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE
A documentación que deberá acompañar á solicitude destas axudas, e que terán que entregar nas oficinas municipais do Concello de Sober, inclúe fotocopia do DNI, certificado de empadroamento, matrícula universitaria, certificado bancario, declaración xurada do número de viaxes que o solicitante realiza ao domicilio durante o curso escolar, e declaración da renda da unidade familiar.•