Será centro de referencia

• As obras de construción do novo Centro de Investigación en Biomedicina e Veterinaria (CEBIOVET) en Lugo, que realiza a empresa Xestión Ambiental S.L, están a avanzar “a bo ritmo”, según explicou na súa visita á capital provincial o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro. Según lembrou na súa intervención o representante da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, este departamento autonómico está a destinar a este centro de investigación un orzamento de máis de 3,2 millóns de euros.
A comezos deste mes quedaban rematadas as tarefas preparatorias de vaciado e aclarado das antigas instalacións, e o cerrado e instalación das casetas de obra. Ademais, xa se construíron os espazos provisionais para a docencia, e se trasladou o material das antigas aulas. De seguido, procedeuse ó derrubamento de parte das vellas estruturas e a construción da nave de grandes animais. Os responsables da Consellería explicaron que as obras avanzan “según o previsto”, e estiman que estarán finalizadas en decembro de 2015.
UN CENTRO DE REFERENCIA DENDE LUGO PARA A INVESTIGACIÓN NO EIDO AGROGANDEIRO
O obxectivo deste proxecto é situar ó CEBIOVET como centro de referencia na investigación en medianos e grandes animais. Deste xeito, permitirase abrir novas liñas de investigación e oportunidades docentes, contribuíndo á formación de persoal altamente especializado. Ademais, este centro virá fortalecer ao campus universitario de Lugo e á súa especialización na investigación no eido agro-gandeiro. Por outra banda, o novo centro contribuirá á relación coas empresas que, á súa vez e beneficiándose da transferencia do coñecemento científico, poderán dar saída a novos produtos e servizos. Este centro contará cos últimos estándares de calidade, que neste momento teñen moi poucos centros en Europa.•