30 colectivos lucenses sen ánimo de lucro reciben un total de 400 obxectos pertencentes ó antigo hospital
• A Deputación de Lugo aprobou na Xunta de Goberno do pasado día 10 a adxudicación de 400 obxectos do antigo hospital de San José a unha trintena de colectivos lucenses sen ánimo de lucro, que supoñen a totalidade das asociacións que participaron no concurso público que puxo en marcha o organismo provincial a mediados do mes de agosto.
O prego de condicións do concurso para a cesión gratuíta dos bens mobles do antigo hospital San José tiña como obxectivo o seu aproveitamento público e social, e foi dirixido a institucións e entidades públicas ou privadas sen ánimo de lucro, que deberon acreditar que destinarán este material á promoción e ao desenvolvemento da súa actividade.
Según explicou o voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, estes 400 bens consisten en aparellos de rehabilitación, camillas, sillóns, sillas, mesas, taquillas, arquivadores, biombos e estanterías metálicas, entre outros. Destes 400 bens, 90 foron sorteados publicamente, posto que foron pedidos por varios colectivos, mentres 300 foron adxudicados directamente a distintas asociacións ao seren obxecto dunha única solicitude. A trintena de colectivos beneficiados recollerán este material a partires de mediados deste mes. Os colectivos beneficiados son o Club de Tenis Muimenta; Asociación Aquilino Iglesias Alvariño. Muimenta; Asociación A Fientosa; Asociación Lucense de Escleroris Múltiple (ALUCEN); Asociación de Alzheimer de Lugo (AFALU); Asociación Cultural Civitas Lucensis; Fundación Secretariado Gitano Lugo; Club de Tiro Real Aeroclub de Lugo; Asociación de Tiradores de Galicia; Asociación As Lombas; IES Ánxel Fole; Club de Tiro San Froilán; Asociación Cultural Trebas Galaicas; Sociedad Protectora de Animales y Plantas de Lugo; Asociación de Veciños Santomé de Gaioso; Asociación O Banquiño Lucense; Lugo Porteiros; Fundación Afan.Lar; Asociación de Mulleres Luguesas Violencia de Género Enriqueta Otero; Asociación de Veciños Santiago Espasandre; Asociación de Mulleres San Bartolomeu de Insua; Asociación Cultural Sociedade Micolóxica Lucus; Asociación Cultural, Veciñal e Deportiva dos Xogos de Muimenta, Xotramu; Asociación de Veciños Xente de Xustás; Asociación Lucense de Ayuda a Enfermos Mentales (ALUME); Colexio Oficial de Odontólogos e Estomatólogos de Lugo; Asociación de Inmigrantes e Retornados Rioplantenses; e Asociación de persoas Sordas de Lugo (ASORLU). A Deputación mantén aberto o prazo de solicitude do concurso público sobre a cesión do inmoble do San José para reutilizalo con fins sociais.•