As instalacións de Pantón congregaron a 90 xogadores
• O 11 de outubro disputouse en Augas Santas a segunda edición do Torneo Nécora de Ouro, no que participaron un total de 90 golfistas, nunha proba individual stableford handicap de 18 hoyos, con dúas categorías de xogo e unha scratch. O xogador de A Rúa Jorge Sixto impúxose na categoría scratch con 31 puntos e 75 golpes brutos. A primeira categoría handicap tivo como vencedora á xogadora local Fátima Franco, con 37 puntos, seguida do ourensano Gumersindo Álvarez con 34 puntos. Pola súa banda, o xogador de Augas Santas Jesús Ares resultou gañador da segunda categoría handicap con 26 puntos, seguido de Filemón Rivas con 35.
O premio para o mellor drive foi para Humberto Ordosgoitia, e o mellor approach correspondeu a Juan Floreal Hermida. O galardón á mellor dama foi para Chus Rodríguez, e o premio para o mellor senior recaeu en Elías Fernández.
Rematada a competición, e logo dunha comida a base de mariscos e albariños ofrecidos por Mariscos Benavides e Viña Roel, tivo lugar a entrega de premios e agasallos.•