En marcha a programación de outuno da Asociación Crearte

• A Asociación Crearte vén de dar comezo ás actividades de outono, onde a natureza, a meditación, ou a música teñen un espazo destacado. Así, os xoves ás 20 horas teñen lugar na sede de La Unión a actividade gratuíta “5 Ritmos, vén ó presente guiado pola música”, e para a que non se precisan coñecementos musicais previos. Por outra banda, na rúa da Música 1,1º está a desenvolverse o obradoiro de reciclaxe de roupa, os martes e xoves de 20,30 a 22,30 horas. Esta actividade é gratuíta para os socios de Crearte, e para non socios ten un prezo de 10 euros ó mes para media xornada (un só día á semana) e de 20 euros ó mes para xornada completa (dous días á semana). Este obradoiro ofrece coñecementos básicos de corte e confección a partir de roupa usada, un avance de curso de disfraces, e un mercadiño de reciclaxes.
O grupo de meditación zen reúnese ós mércores na Unión ás 20,15 horas, cun prezo de 10 euros ó mes para non socios. Tamén comezarán o 18 de outubro os sete encontros para docentes, que se celebrarán os segundos sábados do mes, para mellorar o clima educativo. Serán ás 17,30 horas na Unión. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Arrincan as actividades de conciliación familiar e para adultos en Pantón

Seguinte Nova

Arrincan os obradoiros infantís de conciliación en Sarria

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir aInicio

Don't Miss