O BNG considera «insultante» que «o PP fale da saída da crise cando na provincia de Lugo hai 22.800 persoas en paro»

O voceiro do Grupo do BNG na Deputación de Lugo, Mario Outeiro, considera que "a recuperación da que fala Rajoy é unha falacia electoral porque na provincia de Lugo non se nota melloría ningunha". Arquivo EC.
O voceiro do Grupo do BNG na Deputación de Lugo, Mario Outeiro, considera que «a recuperación da que fala Rajoy é unha falacia electoral porque na provincia de Lugo non se nota melloría ningunha». Arquivo EC.

• O voceiro do Grupo do BNG na Deputación, Mario Outeiro, afirmou que “a recuperación da que fala Rajoy todos os días é unha falacia electoral, xa que na provincia de Lugo non se nota melloría ningunha”. “Non hai máis que botar un ollo ás cifras de paro de setembro», en referencia ás «22.800 persoas están sen traballo na provincia de Lugo, e 238.000 en toda Galiza». O voceiro do BNG na Deputación considerou «insultante que o PP fale de recuperación mentras toda esta xente está sen traballo”.

CRITICAN QUE O GOBERNO CENTRAL CONXELE O SALARIO DOS EMPREGADOS PÚBLICOS E AS PENSIÓNS
Asimesmo, o voceiro nacionalista considerou «contraproducente» a medida do Goberno central, incluída nos Presupostos Xerais do Estado para 2015, de conxelar o salario dos empregados públicos. «Igual que o BNG defendeu no 2012, segue dicindo agora que baixar os salarios dos traballadores e traballadoras, aumentar a precariedade laboral e reducir o poder adquisitivo dos empregados públicos non é a receita axeitada para saír desta crise”. Do mesmo xeito, o voceiro nacionalista na Deputación criticou que se vaian conxelar as pensións o vindeiro ano. “Esta é unha medida que vai ter consecuencias moi negativas nunha provincia coma a de Lugo, onde unha de cada catro persoas ten máis de 65 anos». Mario Outeiro lembrou que os 120.000 xubilados que hai na provincia de Lugo xa cobran as pensións máis baixas de todo o Estado, uns 650 euros de media, «e esta decisión de conxelarlles a pensión o vindeiro ano é un ataque máis do Goberno de Rajoy aos xubilados e xubiladas lucenses, afectados tamén por copagos sanitarios e reducións nos servizos sociais”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

UGT-Lemos alerta da alta porcentaxe de precariedade nos novos contratos

Seguinte Nova

• A Deputación aprobou a devolución da paga extra do 2012 ós empregados do organismo provincial

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: