ACES-CCU Sarria colaborou na pasada edición da XI Festa dos Maiores, que organizou o Concello de Sarria a comezos deste mes, cun sorteo de sete vales de compra por valor de 20 euros nos centros asociados. Os participantes nesta festa que resultaron premiados no sorteo destes vales foron Eduviges López Tourón, Manuel Gundián Fernández, Mª Carmen Cacheda Lamas, Manuel López López, Carmen Romeo Rodríguez, Indalecio López Vila e Mª Amable González González. Os afortunados recolleron estes vales nun acto celebrado hai uns días na sede de ACES-CCU Sarria. Dende a organización informaron de que os beneficiarios desta promoción teñen ata o 31 de outubro para canxear cadanseu vale por produtos ou servizos en calquera dos establecementos asociados a ACES-CCU Sarria.•
Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO
Representantes da Asociación de Veciños de Parteme, aldea da parroquia de Nocedo, mantiveron un encontro coa
Gonzalo L. Torres. Moito falamos do Feismo urbanístico en Galicia, e seguro que moitos de nós
O pasado 19 de xullo, os representantes da Asociación Veciñal do Saviñao entregaron no Concello un
• Fixeron traballos de limpeza do acceso do camiño que leva á fonte publica, ante o
• Redacción- MONFORTE. a Asociación Monfortina de Amigos do Ferrocarril (AMAFER), no 25 aniversario da súa