Ocioteca para nenos e mozos, sesións de danza para todos, e formación musical en Bóveda

•A Ocioteca Municipal acolle, de luns a mércores de 17 a 19 horas, a Ludoteca para nenos de 3 a 12 anos, por 10 euros anuais un día á semana, e os Venres Xóvenes, para rapaces de máis de 12 anos, con actividades gratuítas o 2º venres do mes de 20 a 22 horas.

ESCOLA DE DANZA
A Escola Municipal de Danza ofrece danza tradicional de 3 a 12 anos, os martes de 17 a 18 horas, por 5 euros ó mes. Para xóvenes, adultos e maiores está pensada a actividade de Bailes de Salón, os xoves de 19,15 a 20,15 horas, por 20 euros ó mes.

ESCOLA DE MÚSICA
A Escola Municipal de Música ofrece iniciación de 3 a 6 anos os luns de 17 a 18 horas, música de 6 a 12 anos os mércores de 17 a 18 horas e os sábados de 16 a 17 horas, música para adultos os venres de 19 a 20 horas, e banda de gaitas os venres de 18 a 19 horas e os sábados de 17 a 18 horas. Todos os cursos da Escola de Música teñen un custe de 5 euros ó mes, agás a banda de gaitas, que é gratuíta.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

En marcha a oitava edición do Outono Gastronómico

Seguinte Nova

ACES Sarria pon en marcha a campaña “Sorteo de Outono” ata o 5 de novembro

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss