Sarria e Monforte, sedes da UNED Senior

Para maiores a partir dos 55 anos

•O programa inclúe temas de actualidade e estratexias de desenvolvemento persoal

O programa formativo da UNED Senior foi presentado polo presidente do Padroado da UNED en Lugo, Mario Outeiro, e a secretaria do Centro Asociado á UNED en Lugo, Ana Belén Traseira.  GPVDL.
O programa formativo da UNED Senior foi presentado polo presidente do Padroado da UNED en Lugo, Mario Outeiro, e a secretaria do Centro Asociado á UNED en Lugo, Ana Belén Traseira. GPVDL.

• O programa formativo UNED Senior, que a Universidade Nacional de Educación a Distancia ofrece para maiores de 55 anos, xa está en marcha en diversas vilas da nosa provincia, entre elas Sarria e Monforte. Esta programación, que non precisa de titulacións académicas previas, inclúe este ano cinco cursos, que se imparte en diversas localidades.

UN CURSO EN MONFORTE E DOUS EN SARRIA
Así, o Centro Asociado de Lugo ofrece o curso Introducción ó Dereito e á Ciencia Política, Literatura e Tertulias Literarias, e Psicoloxía e Adestramento da Memoria. Na localidade mariñá de Foz impártese o curso Inglés I, e Monforte acolle o curso de Psicoloxía e Adestramento da Memoria. Este curso tamén se pode seguir dende Sarria, ademais do de Nutrición e Dietética. Estes cursos terán unha duración dun semestre, do 15 de outubro ó 15 de febreiro.

PROMOVER O ENVELLECEMENTO ACTIVO A TRAVÉS DA FORMACIÓN
O obxectivo da UNED Senior é ofrecer unha opción formativa para maiores de 55 anos que queiran acceder a unha formación variada, personalizada e flexible, promovendo o envellecemento activo. A metodoloxía está concebida para responder ó contexto cultural dos estudantes, incorporando todas as posibilidades formativas das novas tecnoloxías da Información e da Comunicación. O deseño dos cursos responde ás demandas da zona de cada centro asociado. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Nova edición do programa de igualdade e prevención da violencia de xénero en Monforte

Seguinte Nova

O PROGRAMA FALAREDES LEVOU A BÓVEDA OS FADOS EN GALEGO

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: