Pantón acolleu a final do IV Circuíto de Golf Senior Turismo de Galicia

As probas clasificatorias percorreron seis cidades do norte peninsular, con preto de 500 participantes

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

• As instalacións do OCA Augas Santas Balneario &Golf Resort foron o escenario da final do IV Circuíto de Golf Senior Turismo de Galicia, que se disputou os días 9 e 10 de outubro. Esta importante cita vén consolidar ó complexo golfístico de Pantón como un dos máis importantes referentes da metade norte peninsular.

XORNADA DE RECEPCIÓN EN AUGAS SANTAS CON ADESTRAMENTOS E QUEIMADA DE BENVIDA
O Circuíto desenvolveuse ó longo deste ano en seis dos mellores campos de golf da zona norte de España. Preto de 500 xogadores participaron neste Circuíto polos campos de Golf de La Barganiza, en Asturias, Rioja Alta, Salamanca, Laukariz, no País Vasco, Jarama RACE en Madrid, e Zuasti en Navarra. En cada unha das etapas clasificáronse catro golfistas ata completar a 24 plazas para disputar a final en Augas Santas. A recepción dos finalistas tivo lugar nas instalacións do complexo golfístico de Pantón o mércores 8 de outubro, unha xornada de adestramento para os participantes que rematou cunha queimada durante o acto de presentación da final, no que participaron o director xeral de OCA Hotels, Ramón Braña, e os responsables da Axencia de Turismo de Galicia, Carmen Pita e Enrique Pérez.

COMPETICIÓN NA PRIMEIRA XORNADA E VISITA-DEGUSTACIÓN A UNHA ADEGA
A proba culminante do IV Circuíto de Golf Senior Turismo de Galicia xogouse a 36 hoyos, repartidos nas dúas xornadas de xoves e venres, baixo a modalidade individual stableford handicap. O xoves xa despuntaron os favoritos, Francisco Comino, con 28 puntos en scratch, e Rosa Tejera con 37 puntos en handicap. Ao remate do tempo de competición, a organización agasallou a xogadores e acompañantes cunha visita á adega Ponte da Boga, onde puideron degustar os caldos da Ribeira Sacra.
A segunda xornada confirmou as previsións, e o navarro Francisco Comino alzouse co triunfo na categoría scratch con 59 puntos en total. A xogadora do Jarama RACE Rosa Tejada venceu en handicap con 69 puntos acumulados. A categoría de master senior premiou ó asturiano José Manuel Díaz Novoa, con 53 puntos en total.No torneo para acompañantes que se disputou en paralelo, resultou vencedor José Ángel Díez, de Rioja Alta.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Presentan o produto turístico Regala Ribeira Sacra con seis experiencias para vivir o mellor deste territorio

Seguinte Nova

Cheo total nos Trens Turísticos das rutas pola Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: