Presentan o produto turístico Regala Ribeira Sacra con seis experiencias para vivir o mellor deste territorio

Iniciativa do Consorcio de Turismo e Turismo de Galicia

A presentación do produto Regala Ribeira Sacra tivo lugar no Parador de Monforte o pasado 1 de outubro, coa presencia da delegada territorial da Xunta en Lugo, o presidente do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra e a xerente deste organismo.  CTRS.
A presentación do produto Regala Ribeira Sacra tivo lugar no Parador de Monforte o pasado 1 de outubro, coa presencia da delegada territorial da Xunta en Lugo, o presidente do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra e a xerente deste organismo. CTRS.

• A comezos deste mes presentouse no Parador de Monforte o produto turístico Regala Ribeira Sacra, unha iniciativa do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra en colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia. Según explicou o presidente do Consorcio de Turismo, Juan Carlos Armesto, e a xerente deste organismo, Alexandra Seara, este produto consiste nun conxunto de experiencias turísticas divididas en seis líneas que definen ó destino Ribeira Sacra.

A RIBEIRA SACRA, UN REGALO PARA DISFRUTAR EN SEIS FORMATOS
Así, Regala o Encoro propón actividades e estancias en contacto directo cos ríos que vertebran a Ribeira Sacra. Regala o Románico ofrece a posibilidade de achegarse ó singular románico desta zona da man de expertos. O produto Regala o Rural inclúe estancias de inmersión na vida rural, participando na elaboración de produtos da zona. Pola súa banda, Regala o Camiño está pensado para os amantes das camiñatas, enriquecidas cun achegamento profundo ós recursos que se atopan nos diferentes itinerarios. Asimesmo, Regala o Tempo ofrece a Ribeira Sacra como destino ideal para relaxarse e desconectar en pleno silencio. E por último, Regala a Viticultura propón o disfrute da nosa particular viticultura con paseos a pé ou no tren turísticos polos viñedos, catas, degustacións en catamarán e outras actividades en torno ó mundo do viño.
Nunha primeira fase, lanzáronse ó mercado un total de 55 experiencias, que se poden adquirir en caixiñas regalo ou en tarxetas. O produto Regala Ribeira Sacra está dirixido tanto a viaxeiros individuais como a parellas, familias con nenos e grupos de todas as idades.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Completada a segunda fase das escavacións no castro de Arxeriz

Seguinte Nova

Pantón acolleu a final do IV Circuíto de Golf Senior Turismo de Galicia

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss