• O sábado 25 de outubro terá lugar unha homenaxe institucional ás vítimas do franquismo en Sober, nun acto que foi acordado por unanimidade do último Pleno da Corporación por iniciativa de Anova de Sober. Os actos comezarán na Casa da Cultura ás 12 da mañá, cunha sesión plenaria de homenaxe na que se lerá un manifesto acordado polos grupos que forman a Corporación. De seguido, desenvolverase unha mesa redonda sobre a represión en Galicia. Tamén haberá espazo para a música e un xantar de confraternidade.
Para participar no xantar, que terá lugar no Pavillón do colexio, é preciso retirar a entrada na Casa do Concello ou na Casa de Cultura de Sober, ou reservar nocorreo electrónico info@concellodesober.com antes do 22 de outubro. O prezo por persoa é de 18 euros.•



