A exposición sobre a vida e a obra do paradelés Manuel Rodríguez López pode verse en Barcelona

A exposición itinerante que afonda na figura e na obra do escritor de Paradela ‘Manuel Rodríguez López, emigrante galego, poeta obreiro’ pode verse xa no Centro Galego de Barcelona. Esta é a primeira parada dun percorrido que esta exposición realizará nos vindeiros meses por Cataluña, respondendo á fonda pegada que estas terras deixaron no autor ó longo da súa vida. No mesmo acto presentaranse tamén as publicacións «Manuel Rodríguez López», que recolle os contidos dos dezaseis paneis da exposición, e «Antoloxía», elaborada por Santiago Rodríguez e Xesús Alonso Montero, que inclúe un comentario do profesor e presidente da Real Academia Galega. A mostra está formada por 8 paneis dobres nos que se expoñen de xeito moi gráfico anacos da vida e obra do escritor de Paradela, fillo predilecto do seu concello natal.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O colectivo Lemos Le entregou os premios do I Certame de Divulgación Mulleres de Lemos

Seguinte Nova

O xulgado de Sarria paralizou as obras na Ponte Ribeira

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: