•A iniciativa do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra incluía catro rutas polo románico do sur lucense •O programa desenvolveuse dende o 25 de xuño ata o 5 de outubro
• O románico de Pantón segue a consolidarse como un dos máis importantes atractivos para os visitantes que chegan cada ano á Ribeira Sacra. Dentro do programa Rutas do Románico, posto en marcha polo Consorcio de Turismo Ribeira Sacra o pasado 25 de xuño, a ruta de Pantón acaparou, xunto coa de Sober, máis do 50% das visitas rexistradas ata o 5 de outubro, data de remate deste programa.
INCREMENTO DUN 35% NO NÚMERO DE PARTICIPANTES
Según explicaron dende o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, o programa de Rutas do Románico acadou este ano un total de 615 participantes, o que supón un aumento do 35% respecto da edición anterior. Cabe destacar que este ano programouse unha ruta máis por semana, e se ampliou o calendario unha semana máis que na pasada edición.
VISITANTE CULTO, DE MEDIANA IDADE, E CON ELEVADO INTERÉS POLO TURISMO CULTURAL
O perfil medio do participante nas Rutas do Románico responde a adultos de entre 30 e 50 anos, con profesións relacionadas coa historia, a arte ou a arquitectura, que amosan un elevado interés polo turismo cultural e desenvolven aficións vinculadas á arte e á historia, con especial atención ao románico. Ademais, este visitante tipo amosa un bo coñecemento doutras zonas de España con patrimonio histórico-artístico similar, e demandan información complementaria para sacarlle o máximo partido á súa estancia.
DÚAS RUTAS SEMANAIS
A ruta do Románico de Pantón desenvolveuse os mércores e sábados, con saída dende o Mosteiro das Bernardas de Ferreira. Neste emplazamento tiña lugar a primeira parada da ruta, que continuaba por San Miguel de Eiré, San Fiz de Cangas, e culminaba en Santo Estevo de Atán.•