A ruta do Románico de Pantón, das máis solicitadas este verán

•A iniciativa do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra incluía catro rutas polo románico do sur lucense •O programa desenvolveuse dende o 25 de xuño ata o 5 de outubro

O románico de Pantón segue a manter o seu tirón de visitantes, según os datos de visitantes do programa Rutas do Románico, organizado polo Consorcio de Turismo Ribeira Sacra dende finais de xuño ata comezos de outubro.  Arquivo EC.
O románico de Pantón segue a manter o seu tirón de visitantes, según os datos de visitantes do programa Rutas do Románico, organizado polo Consorcio de Turismo Ribeira Sacra dende finais de xuño ata comezos de outubro. Arquivo EC.

• O románico de Pantón segue a consolidarse como un dos máis importantes atractivos para os visitantes que chegan cada ano á Ribeira Sacra. Dentro do programa Rutas do Románico, posto en marcha polo Consorcio de Turismo Ribeira Sacra o pasado 25 de xuño, a ruta de Pantón acaparou, xunto coa de Sober, máis do 50% das visitas rexistradas ata o 5 de outubro, data de remate deste programa.

INCREMENTO DUN 35% NO NÚMERO DE PARTICIPANTES
Según explicaron dende o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, o programa de Rutas do Románico acadou este ano un total de 615 participantes, o que supón un aumento do 35% respecto da edición anterior. Cabe destacar que este ano programouse unha ruta máis por semana, e se ampliou o calendario unha semana máis que na pasada edición.
VISITANTE CULTO, DE MEDIANA IDADE, E CON ELEVADO INTERÉS POLO TURISMO CULTURAL
O perfil medio do participante nas Rutas do Románico responde a adultos de entre 30 e 50 anos, con profesións relacionadas coa historia, a arte ou a arquitectura, que amosan un elevado interés polo turismo cultural e desenvolven aficións vinculadas á arte e á historia, con especial atención ao románico. Ademais, este visitante tipo amosa un bo coñecemento doutras zonas de España con patrimonio histórico-artístico similar, e demandan información complementaria para sacarlle o máximo partido á súa estancia.

DÚAS RUTAS SEMANAIS
A ruta do Románico de Pantón desenvolveuse os mércores e sábados, con saída dende o Mosteiro das Bernardas de Ferreira. Neste emplazamento tiña lugar a primeira parada da ruta, que continuaba por San Miguel de Eiré, San Fiz de Cangas, e culminaba en Santo Estevo de Atán.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Pantón, unha das citas galegas do ciclo Espazos Sonoros 2014

Seguinte Nova

Asinado o convenio de reversión de Expolemos ao Concello de Monforte

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: