Actividades para todos os públicos en Bóveda

•Este mes comezaron en Bóveda as actividades deportivas organizadas dende o Concello. A programación inclúe diversas modalidades deportivas, con sesións ao longo da semana. Para nenos e nenas de 6 a 12 anos están pensadas as actividades de voleibol, os mércores de 18 a 19 horas, e as de patinaxe para 3 a 12 anos, os martes no mesmo horario. O custe de cada unha das actividades é de 10 euros ao mes.
DEPORTE PARA MOZOS E ADULTOS
Para xóvenes e adultos, a programación ofrece sesións de GAP (ximnasia específica para glúteos, abdome e pernas), os venres de 20,30 a 21,30 horas. Tamén haberá ioga os luns de 21 a 22 horas, e gim jazz os xoves de 20,30 a 21,30 horas. O custe de cada actividade é de 20 euros ao mes.

PINTURA, REFORZO ESCOLAR E INGLÉS PARA NENOS E NENAS ATA 12 ANOS
En canto ás actividades educativas, a oferta abrangue todas as idades. Así, os máis cativos contan con clases de pintura, os venres de 17 a 18,30 horas, reforzo escolar os martes e venres de 17 a 18,30 horas, e de inglés os sábados de 17,30 a 18,30 horas.

INGLÉS PARA A MOCIDADE
Para a mocidade a partir dos 12 anos, está pensada a actividade de inglés, os sábados de 16 a 17,30 horas. O custe das sesións de pintura e reforzo escolar é de 15 euros ao mes cada unha, e as de inglés para todas as idades teñen un prezo mensual de 25 euros.
MEMORIA E NOVAS TECNOLOXÍAS, PARA ADULTOS E MAIORES EN BÓVEDA E RUBIÁN
Para adultos e maiores, o Concello de Bóveda ofrece unha actividade de memoria e novas tecnoloxías, que se desenvolve os martes en Bóveda de 11,30 a 12,30 horas, e os venres en Rubián de 11,30 a 12,30 horas, cun custe de 5 euros ao mes.
Ademais, outras actividades como Club de Lectura na Biblioteca Municipal, a academia de costura os luns no Centro Sociocultural, encaixe de bolillos os venres no concello vello, pintura para adultos os martes nesta mesma sede, e a ximnasia de mantemento para maiores os mércores e venres no Centro Sociocultural de Bóveda, e os martes e xoves nas naves da feira en Rubián.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Asinado o convenio de reversión de Expolemos ao Concello de Monforte

Seguinte Nova

Bóveda celebrou entre viñetas o Día da Biblioteca

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss