Asinado o convenio de reversión de Expolemos ao Concello de Monforte

Para poñer en uso «canto antes» estas instalacións

O alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, visitou as instalacións de Expolemos acompañado polo vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, para asinar o convenio de reversión deste edificio ao Concello de Monforte o pasado 24 de outubro.  GPXG.
O alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, visitou as instalacións de Expolemos acompañado polo vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, para asinar o convenio de reversión deste edificio ao Concello de Monforte o pasado 24 de outubro. GPXG.

•O 24 de outubro tivo lugar en Monforte a sinatura do convenio de reversión do edificio Expolemos ao Concello de Monforte. No acto participou, en representación da Xunta de Galicia, o vicepresidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, e o alcalde de Monforte, Severino Rodríguez. A sinatura contou coa presencia da delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias.

«DARLLE USO AO EDIFICIO EXPOLEMOS O MÁIS RÁPIDO POSIBLE»
O rexedor monfortino explicou a situación na que se atopaba este edificio, e fixo alusión á cláusula de reversión incluída no contrato de cesión da parcela. En virtude desta cláusula, o Concello de Monforte poderá darlle uso a estas instalacións, e según explicou o alcalde, xa conta con algunhas propostas «incipientes e que hai que analizar». Severino Rodríguez apuntou que dende o Concello de Monforte «faremos todo o posible para que este edificio teña utilidade o máis rápido posible».

COOPERACIÓN COS CONCELLOS E EVITAR DUPLICIDADES
Pola súa banda, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, explicou que a reversión do Centro Comarcal Expolemos ao Concello de Monforte enmárcase dentro da dobre liña de traballo do Goberno galego, que busca a racionalización da Administración e a cooperación cos concellos. O vicepresidente da Xunta precisou que ao deixar de cumprirse as funcións para as que estaba destinado o edificio de Expolemos, existía a «obriga de darlle utilidade». Neste sentido, Rueda lembrou que a Xunta xa leva materializada a reversión dunha ducia de centros comarcais por toda Galicia, co obxectivo de reducir duplicidades e sumar esforzos entre as Administracións «para ofrecer mellores servizos aos cidadáns».

COLABORACIÓN COS CONCELLOS A TRAVÉS DOS CIM
Na súa visita a Monforte, o vicepresidente da Xunta achegouse ata o Centro de Información á Muller (CIM). Rueda destacou que o centro monfortino «non só exemplifica a colaboración dos concellos coa Xunta, senón entre os propios municipios», xa que o CIM de Monforte presta servizo tamén aos concellos de Bóveda, Pantón, A Pobra do Brollón, O Saviñao e Sober.
Desde 2009 o Centro de Información á Muller de Monforte recibiu da Xunta máis de 250.000 euros para o seu mantemento. O ano pasado atendeu a 487 mulleres e 2.840 consultas, e no que vai de ano atendeu a 64 persoas e 1.219 consultas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A ruta do Románico de Pantón, das máis solicitadas este verán

Seguinte Nova

Actividades para todos os públicos en Bóveda

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss