Ata o 15 de novembro poderá solicitarse praza no programa Xuntos polo Nadal

• Dende a Concellería de Benestar Social de Monforte informaron de que está aberto ata o 15 de novembro o prazo para solicitar algunha das 120 prazas que o programa Xuntos polo Nadal ofrece para as provincias de Lugo e Pontevedra. Este programa, impulsado pola Consellería de Traballo e Benestar, vai dirixido a aquelas persoas maiores que se atopan nunha situación de soidade, ben pola carencia de familiares, perda do seu cónxuxe ou a emancipación dos fillos e fillas. O programa desenvolverase entre o 23 de decembro e o 2 de xaneiro, con aloxamento en habitacións compartida e pensión completa na Residencia de Tempo Libre de O Carballiño.
Os beneficiarios do programa Xuntos polo Nadal deberán ser maiores de 60 anos, estar empadroados en Galicia, valerse por sí mesmos, non estar acollido en ningún centro residencial, e ter que pasar o Nadal sen compañía. Ademais, os beneficiarios non poderán padecer enfermidade infecto-contaxiosa activa nin trastornos mentais ou condutuais que poidan alterar a convivencia. Darase preferencia ás persoas con máis idade, menos recursos económicos, ou que non tiveran disfrutado este ano de ningún programa social.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Concello de Monforte instalou novas porterías en catro áreas recreativas

Seguinte Nova

Comezou a campaña de vacinación contra a gripe

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: