Ata o 16 de novembro, o Museo de Lugo acolle unha mostra sobre o Meco e as Pampónigas de A Ermida

Inauguración da exposición sobre os aspectos etnográficos da romaría da Nosa Señora dos Remedios de A Ermida, no Museo Provincial de Lugo. (Foto cedida).
Inauguración da exposición sobre os aspectos etnográficos da romaría da Nosa Señora dos Remedios de A Ermida, no Museo Provincial de Lugo. (Foto cedida).

•O Museo Provincial de Lugo acolle ata o 16 de novembro a exposición “Unha romaxe singular”, unha mostra fotográfica sobre a romaxe da Nosa Señora dos Remedios da Ermida, en Quiroga, na que destaca a presencia dos personaxes do Meco e as Pampónigas. Esta exposición, organizada pola Asociación Cultural Souto do Val, pode visitarse de luns a venres de 9 a 21 horas, os sábados de 10,30 a 14,00 e de 16,30 a 20,00 horas, e os domingos e festivos de 11,00 a 14,00 horas.
A romaxe da Nosa Señora dos Remedios da Ermida conta coa saída do Meco e as Pampónigas, unha tradición ancestral que se celebra o 8 e o 9 de setembro na parroquia da Ermida, en Quiroga, e que é un dos exemplos máis claros da riqueza do patrimonio cultural inmaterial do sur de Lugo. A área de Cultura e Turismo da Deputación colabora anualmente coa Asociación Cultural para facer posible o mantemento desta celebración.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Concello de Monforte destinará a obras 300.000 euros do remanente de tesourería

Seguinte Nova

Tres medallas para o Neka no Campionato Internacional Cidade de Ribeira

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir aInicio

Don't Miss