Axudas para promover a igualdade nos concellos lucenses

•A Xunta destina máis de 510.000 euros aos municipios da nosa provincia Para a promoción da igualdade entre homes e mulleres, fomento da conciliación e apoio aos Centros de Información ás Mulleres (CIM)

A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, presentaron o programa das axudas aos concellos lucenses. GPDTL.
A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, presentaron o programa das axudas aos concellos lucenses. GPDTL.

• A Xunta de Galicia vai destinar 3,4 millóns de euros a financiar as axudas aos concellos galegos para a promoción da igualdade. Para a provincia de Lugo, serán 510.087,54 euros a partida destinada, coa que se beneficiará a 34 entidades lucenses. Por unha banda, a liña de axudas para a prevención da violencia de xénero porá en marcha medidas de prevención, sensibilización e concienciación da violencia de xénero en cada un dos concellos. Por outra, a liña de axudas para o fomento da conciliación conta cunha subvención de 33.438,33 euros. Por último, a liña de apoio, mantemento e dinamización aos Centros de Información ás Mulleres (CIM) conta cunha subvención de 438.789,76 euros, para financiar os custos de persoal. Con esta partida, cúbrese a totalidade dos CIM da nosa provincia, xa que nos 11 centros existentes participan un total de 36 concellos. O primeiro pagamento do 80% da contía da subvención concedida, en concepto de pagamento anticipado, se fará efectivo a cada un dos concellos beneficiarios no momento de notificación desta resolución.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Concello de Quiroga xestiona xa os cambios de domicilio para Tráfico

Seguinte Nova

Música angolana e lusófona no Círculo Saviñao

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: