Bóveda celebrou entre viñetas o Día da Biblioteca

•A biblioteca municipal inaugurou unha exposición sobre o mundo do cómic e a banda deseñada

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

•O 24 de outubro celebrouse o Día da Biblioteca, para reivindicar este espazo como punto de encontro cultural, lúdico e social. A Biblioteca Municipal de Bóveda sumouse a esta efeméride cunha xornada adicada ao cómic. Así, inaugurouse unha exposición composta por unha ducia de murais nos que se pode viaxar pola historia do cómic acompañados polos tan coñecidos superheroes, como Superman, Flash Gordon ou Astérix, pasando por Mafalda e Os Simpson. A linguaxe do cómic, o seu poder de seducción a través da imaxe, unha pequena historia do cómic en España ou unha semblanza dos nosos debuxantes máis destacados conforman esta mostra. Tralo percorrido divulgativo, a sala de lectura ofrece a posibilidade de acceder a máis de medio cento de exemplares, procedentes do fondo da biblioteca, que dan boa mostra da saúde e o dinamismo deste xénero, como puideron comprobar os diversos grupos de escolares que se achegaron ata a Biblioteca nesta xornada singular. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Actividades para todos os públicos en Bóveda

Seguinte Nova

Instalada unha caldeira de biomasa no xulgado de Chantada

Últimas noticias sobre CULTURA

PROGRAMA LUGOTERMAL 2024_2025

A Deputación abrirá o prazo de inscrición ás 09:00 horas do luns 02.12.2024 da nova edición do LugoTermal, con máis de 1.700 prazas. 
Ir aInicio

Don't Miss