Chantada será a sede do Campionato Galego de Billar a tres bandas

O Casino de Chantada acolleu o ano pasado o I Trofeo Ribeira Sacra, e que este ano coincide co Campionato Galego de Billar a tres bandas. Arquivo EC.
O Casino de Chantada acolleu o ano pasado o I Trofeo Ribeira Sacra, e que este ano coincide co Campionato Galego de Billar a tres bandas. Arquivo EC.

• Do 9 ao 22 de novembro, o Círculo Recreativo e Cultural de Chantada acollerá as probas correspondentes ao Campionato Galego de Billar a tres bandas. Deste xeito, a que será a segunda edición do Trofeo Ribeira Sacra entra de cheo na competición galega do máis alto nivel, e supón un recoñecemento ao traballo do Club Billar Círculo de Chantada, organizador da proba autonómica. “Xa que o ano pasado, cando botamos a andar o Trofeo Ribeira Sacra, tivemos unha excelente acollida en número de participantes, o feito de que celebremos en Chantada o Campionato Galego en novembro significa que quedaron contentos coa organización”, suliñan dende o Club Billar Círculo de Chantada.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Tres medallas para o Neka no Campionato Internacional Cidade de Ribeira

Seguinte Nova

Preto do 90% de ocupación no programa Termalismo no Camiño

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: