Instalada unha caldeira de biomasa no xulgado de Chantada

•Aposta da Xunta pola biomasa, que xera aforros económicos de ata o 65%

• O pasado 17 de setembro, a Xunta instalou unha caldeira de biomasa no xulgado de Chantada, así como nos de Becerreá e Pobra de Trives. Asimesmo, a finais deste mes instalouse un equipo similar nas dependencias xudiciais de Ribeira e Tui.
Esta iniciativa contou cun investimento de 200.000 euros, e según explicaron os responsables autonómicos, permitirá un aforro de gasoil de máis de 20.000 euros ao ano.
A Consellería de Presidencia é a responsable do mantemento das infraestruturas xudiciais e dos complexos administrativos. No exercicio desta competencia promóvese a substitución daqueles equipamentos térmicos que empregan combustibles fósiles ineficientes e altamente contaminantes por novas fontes de enerxía.
Esta actuación forma parte da Estratexia Integral de Impulso da Biomasa 2014-2020, que está desenvolver o Goberno galego a través do Inega para incentivar o consumo deste combustible con fins térmicos, ao tempo que se impulsa a industria deste sector vinculado ó rural.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Bóveda celebrou entre viñetas o Día da Biblioteca

Seguinte Nova

Sarria e Monforte acollerán en novembro actividades de formación do programa teatral Buxiganga

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: