Os beneficiarios recibiron ata 150 euros de axuda para cubrir os gastos de instalación e o equipamento no interior das vivendas ou empresas. Ademais, a alta de liña e o primeiro mes son gratuítos. A práctica totalidade dos solicitantes contrataron servizos de 20 megas de velocidade. Esta actuación corresponde á última liña do Plan de Banda Larga da Xunta de Galicia, e está destinada ás zonas da Comunidade máis illadas, dispersas e de orografía complicada, onde o acceso a Internet só é posible a través desta tecnoloxía. Das 2.537 solicitudes realizadas desde 2012, a maioría corresponden ás provincias da Coruña e Lugo, e por comarcas, a Terra Chá concentra o maior número de solicitudes con 213 nas tres convocatorias, seguida da comarca de Lugo con 155. O concello no que se solicitaron máis axudas foi o de Guitiriz, con 52, seguido de Lugo e A Pastoriza con máis de 40.•
Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS
O presidente, José Tomé Roca, comprobou o avance dos traballos na LU-P-0901 entre os quilómetros 8,3
A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou un novo investimento que supera os 800.000€
O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, vén de presentar nunha rolda de prensa o anteproxecto
A Xunta de Galicia anunciou que, nas próximas semanas, iniciarán as obras de restauración do claustro