Máis de 5.000 consultas atendidas na Oficina de Turismo de Quiroga no que vai de ano

A Oficina de Turismo de Quiroga atendeu 5.257 consultas entre xaneiro e outubro de 2014.  EC
A Oficina de Turismo de Quiroga atendeu 5.257 consultas entre xaneiro e outubro de 2014. EC

• Este mes de outubro, o Concello de Quiroga deu a coñecer os datos de visitantes da Oficina de Turismo, unha vez rematada a tempada estival.

TURISTAS NACIONAIS E INTERNACIONAIS
Entre xaneiro e outubro deste ano, o servizo municipal de información turística atendeu un total de 5.257 consultas presenciais, das que o 88% corresponderon a viaxeiros nacionais e un 12% a turistas internacionais. Dentro deste grupo, a maioría dos visitantes procedían de países europeos, como Francia, Reino Unido e Portugal, seguidos por turistas chegados do outro lado do océano, como Estados Unidos e Arxentina.

AFLUENCIA DE VISITANTES DE FÓRA DE GALICIA
Respecto aos visitantes nacionais, o 31% dos consultantes que pasaron pola Oficina de Turismo de Quiroga foron galegos. Xa fóra da nosa comunidade, o 16% dos turistas procedían de Cataluña, o 15% de Madrid, e o 38% do resto de España, con predominio de visitantes chegados de Castela-León, Valencia e País Vasco.

CONSULTAS SOBRE O ENTORNO DO COUREL E A RIBEIRA SACRA
Según os datos ofrecidos polo Concello de Quiroga, as consultas maioritarias referíronse á contorna de Quiroga e a serra do Courel. O 21% dos visitantes que pasaron pola Oficina de Turismo preguntaron polos atractivos turísticos de Quiroga e a súa oferta de ocio e restauración, e o 20% consultou sobre a Serra do Courel. Asimesmo, a Ribeira Sacra e as súas posibilidades foron o motivo do 10% das consultas realizadas. Ademais, un 9% do total dos visitantes amosou interés polas rutas de sendeirismo, e un 3% requeriu información sobre as singularidades xeolóxicas da contorna quiroguesa, como o sinclinal do Courel ou o túnel de Montefurado.

O Museo Xeolóxico de Quiroga rexistrou 1.843 visitas no que vai de ano, e o Museo Etnográfico contabilizou 2.125 visitantes.  Arquivo EC
O Museo Xeolóxico de Quiroga rexistrou 1.843 visitas no que vai de ano, e o Museo Etnográfico contabilizou 2.125 visitantes. Arquivo EC

NOVAS PLATAFORMAS DE INFORMACIÓN
As novas tecnoloxías tamén facilitaron a información turística sobre Quiroga, xa que o correo electrónico da Oficina de Turismo atendeu 262 consultas, a páxina web do Concello de Quiroga rexistrou 67.897 visitas, e outras 121.456 corresponderon ao perfil de Facebook do Concello.
VISITAS ORGANIZADAS EN GRUPOS E DENDE FÓRA DA COMARCA PARA OS MUSEOS DE QUIROGA
Pola súa banda, o Museo Etnográfico de Quiroga acolleu 2.125 visitantes, e o Museo Xeolóxico 1.843 no que vai de ano. O 87% das visitas a estes espazos museísticos procedían de fóra da comarca quiroguesa, e o 97% das visitas foron en grupos de máis de 20 persoas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

En marcha as actividades para o curso 2014-2015 en Quiroga

Seguinte Nova

O Concello de Quiroga xestiona xa os cambios de domicilio para Tráfico

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss