O colectivo Lemos Le entregou os premios do I Certame de Divulgación Mulleres de Lemos

Conmemoración do Día da Biblioteca

•A primeira edición deste certame estivo adicado á figura de Inés de Castro

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

• O colectivo Lemos Le conmemorou o Día da Biblioteca cunha cea de confraternidade no restaurante do Centro do Viño, coa que se pretende reivindicar a importancia do papel das bibliotecas como difusoras de cultura, formadoras de lectores, lugar de encontro e centros de información e recursos. Esta cea, que repetiu a interesante experiencia iniciada o pasado ano, tivo como novidade a entrega dos premios do I Certame de Divulgación Mulleres de Lemos, centrado na figura de Inés de Castro.
O galardoado na modalidade de divulgación foi Xosé Martínez Rodríguez, e na modalidade de banda deseñada o premio recaeu en Víctor Rodríguez Fernández, do IES Daviña Rey. Ademais, o xurado recoñeceu con dous accésits os traballos en banda deseñada das alumnas do IES Daviña Rey Cristina Fernández Silvosa e María Armesto Lucas. O xurado, que estivo integrado por Ángel Arnaiz, Sara Álvarez, Manola Porto, e Humberto Loureiro, entre outros membros, convocou a segunda edición deste certame, que estará adicado a María Castaña.
O colectivo Lemos Le agradeceu ao CIM de Monforte polo desenvolvemento do obradoiro “Inés de Castro: unha muller para o 8 de marzo”, e aos Concellos de A Pobra do Brollón, Bóveda, Monforte, O Saviñao e Sober, ao Centro do Viño, A Troula e ás librerías Agrasar e Fénix pola doazón dos premios.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Máis de 1.100 familias e empresas de toda Galicia solicitaron este ano axudas da Xunta para acceder a internet vía satélite

Seguinte Nova

A exposición sobre a vida e a obra do paradelés Manuel Rodríguez López pode verse en Barcelona

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: