• O Concello de Monforte desenvolveu a finais de outubro diversos traballos en catro áreas recreativas da cidade, co obxectivo de instalar un total de oito porterías de fútbol sala e balonmán. Estes novos elementos foron colocados nos espazos de xogo da Compañía, o parque Doutor López Suárez, Rioseco e Piñeira.
PARA GARANTIR A SEGURIDADE DOS USUARIOS DESTES ESPAZOS DEPORTIVOS
Según explicaron os responsables municipais, a instalacións destas porterías metálicas fixas responde á necesidade de substituír os antigos elementos, deteriorados polo uso e o paso do tempo, para garantir a seguridade dos usuarios. O custo deste material ascendeu a 3.900 euros, financiados nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), e o 20% restante foi aportado polo Concello de Monforte. •