A Área de Xuventude do Concello de Quiroga está a conceder axudas para o transporte a aqueles estudantes empadroados no término municipal de Quiroga que estean matriculados no curso 2014-2015 en centros de estudio situados fóra do concello. As axudas terán un máximo de 200 euros por persoa e curso, que se aboarán en dous prazos, cun primeiro ingreso do 60% en decembro, e d0 40% restante en xuño. Os interesados deberán dirixirse á Casa da Cultura ou á Oficina Municipal de Información Xuvenil para recoller e cumplimentar o impreso correspondente. Ademais, deberán aportar documentación adicional, que inclúe un certificado de empadroamento e unha copia da matrícula nos estudios que está a realizar este curso, e os tickets do medio de transporte que utilicen ou do gasóleo ou gasolina, no caso de utilizar un vehículo propio.•
Últimas noticias sobre GALERÍA
O Pleno da Deputación de Lugo aprobou unha proposta de Goberno que reclama ao Executivo autonómico
A monfortina Praza da Compañía acolleu, a finais do mes pasado, a presentación do documental “Monforte
Diversos actos ao longo do mes de agosto servirán para dar máis proxección aos produtos típicos
A superficie xestionada no convenio de protección das aldeas fronte ao lume achégase ao 70% do total
• A Xunta constata o incremento no grao de cumprimento dos particulares nas obrigas de xestión
• A actuación ten como obxectivo a mellora da calidade, fiabilidade e competitividade da conexión ferroviaria