O Concello de Quiroga organiza en novembro actividades de dinamización en torno ao Museo Xeolóxico

• A Delegación de Cultura do Concello de Quiroga vén de organizar dúas actividades de dinamización en torno ao Museo Xeolóxico e o mundo da arqueoloxía, que se desenvolverán no mes de novembro.

PALEONTOLOXÍA DE CAMPO
O domingo 23 de novembro terá lugar unha xornada de Paleontoloxía de Campo, cun percorrido polo Alto Bierzo, Laciana, Babia e Barrios de Luna. Este roteiro científico-divulgativo estará guiado polo biólogo e naturalista Guillermo Díaz Aira.
A expedición partirá ás oito da mañá dende a Casa da Cultura de Quiroga, e realizará un itinerario con paradas no xacemento carbonífero de Villablino- Orallo, o xacemento devónico de Lumajo, co seu val glaciar, e o Museo de Interpretación del Cámbrico, situado en Miñera-Barrios de Luna. Esta actividade ten un custe de 10 euros.
COMO SE TRABALLA NUN XACEMENTO ARQUEOLÓXICO
A segunda das actividades terá lugar o sábado 29 de novembro, e versará sobre a metodoloxía arqueolóxica e as características dun xacemento. A xornada formativa comezará ás dez da mañá no Museo Xeolóxico, cunha primeira sesión sobre a metodoloxía arqueolóxica a cargo da arqueóloga Tania Arias Cancelinha. A continuación, en torno ás once e media, iniciarase unha saída de campo ao xacemento do Castro da Torre, en Sobredo-Folgoso do Courel, guiada polo arqueólogo Iván Álvarez Merayo. O regreso a Quiroga está previsto para as dúas e media. O prezo desta actividade é de 5 euros. As inscricións serán na Casa da Cultura, no teléfoo 982 435 125, ou culturaquiroga1@gmail.com.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Sarria e Monforte acollerán en novembro actividades de formación do programa teatral Buxiganga

Seguinte Nova

O Concello de Quiroga habilita unha liña de axudas para o transporte dos estudantes fóra do municipio

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: