O xulgado de Sarria paralizou as obras na Ponte Ribeira

Obras de encauzamento do río Sarria

A ponte Ribeira forma parte do conxunto de pontes patrimoniais que unen as marxes do río Sarria. (Foto cedida: Plataforma Sarriana polo Río).
A ponte Ribeira forma parte do conxunto de pontes patrimoniais que unen as marxes do río Sarria. (Foto cedida: Plataforma Sarriana polo Río).

• O pasado 17 de outubro, o xulgado de Sarria decretou a paralización cautelar das obras que a Confederación Hidrográfica Miño-Sil está a desenvolver na Ponte Ribeira, dentro da execución do proxecto de encauzamento do río Sarria.
Según informaron dende a Plataforma Sarriana polo Río, o auto emitido polo xulgado de Sarria lembra que a Ponte Ribeira, de indubidable valor histórico, artístico, cultural e monumental, forma parte do Ben de Interés Cultural (BIC) Camiño Francés a Santiago, e aparece identificada expresamente como «elemento patrimonial vinculado ó Camiño de Santiago dentro do ámbito do BIC» no decreto 227/2011 de delimitación do Camiño Francés a Santiago.
A Plataforma Sarriana polo Río precisou, en relación a este auto, que o xulgado de Sarria vén de paralizar as obras dado que «estamos ante un presunto delito contra o patrimonio histórico e que a continuación das obras na ponte podería supoñer a destrucción irreversible do valor histórico e cultural desta ponte», según indicou este colectivo.

O AUTO XUDICIAL RECOLLE OS ARGUMENTOS QUE ESTÁ A DEFENDER A PLATAFORMA SARRIANA POLO RÍO
Ademais, a Plataforma Sarriana polo Río lembrou que este auto xudicial acolle os argumentos que este colectivo cidadán leva trasladando «dende hai meses» tanto á Confederación Hidrográfica Miño-Sil, como á Consellería de Cultura e ao Concello de Sarria, «sen atopar ningún eco en ningunha destas institucións, nin sequera na Consellería de Cultura, da que depende a Dirección Xeral do Patrimonio, á que corresponde a protección do patrimonio cultural de Galicia». Dende a Plataforma Sarriana polo Río criticaron que «a día de hoxe, o conselleiro de Cultura segue sen adoptar ningunha medida para dar respostas ás denuncias graves e múltiples infraccións da normativa de protección do patrimonio do Camiño de Santiago formulada en marzo pasado». O colectivo cidadán lamenta asimesmo que, «como sucedera en marzo coa tala do bosque de ameneiros, outra vez tivo que ser a xustiza a que evite in extremis un dano irreversible, nesta ocasión contra o patrimonio histórico-artístico e cultural vencellado ao Camiño de Santiago ao seu paso por Sarria».

«CAOS» NO TRÁFICO LOCAL E «PERXUICIOS» A COMERCIOS E NEGOCIOS POR UNHA «INCOMPRENSIBLE» PLANIFICACIÓN DA OBRA
A Plataforma Sarriana polo Río denunciou ademais que estas obras que o xulgado acaba de paralizar «trouxeron o caos e un sinfín de molestias para os veciños de Sarria». Este colectivo leva meses denunciando a «incomprensible» planificación dunhas obras que, ao cortar simultáneamente tres das pontes que cruzan o río, obligaron a cambiar os horarios escolares e trastornaron seriamente o tráfico da zona, cos subseguintes perxuicios para os comercios e negocios de Sarria». A Plataforma puntualizou que o corte simultáneo de varias pontes xa estaba previsto no cronograma da obra facilitado á Plataforma pola Confederacion Hidrográfica Miño-Sil hai meses.

O PROXECTO DA OBRA ELABOROUSE «DESPREZANDO POR COMPLETO» AOS VECIÑOS E NEGOCIOS DE SARRIA
O colectivo cidadán contrario a este proxecto suliñou que o incumprimento da normativa por parte da Confederación «non fixo máis que complicar a execución dun cronograma que xa fora elaborada desprezando por completo os perxuícios que a obra ía causar aos veciños e negocios de Sarria».•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A exposición sobre a vida e a obra do paradelés Manuel Rodríguez López pode verse en Barcelona

Seguinte Nova

Publican un número especial da revista Terra e Tempo

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir aInicio

Don't Miss